IniciosociedadeA comarca da Mariña suma máis de mil sinaturas á iniciativa lexislativa...

A comarca da Mariña suma máis de mil sinaturas á iniciativa lexislativa en defensa de mellorar a Atención Primaria

O obxectivo é "mellorar este nivel asistencial con medidas urxentes e extraordinarias"

Publicada o

- Advertisement -

A comarca da Mariña sumou máis de mil asinas á Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da Atención Primaria, co obxectivo de “mellorar este nivel asistencial con medidas urxentes e extraordinarias”.

A iniciativa en cuestión é a posta en marcha pola plataforma SOS Sanidade Pública. A portavoz da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, Montse Porteiro, celebrou que xa se pasaron “o mil asinas e aínda quedan por recoller”. “Esta ILP de medidas urxentes para fortalecer e recuperar a Atención Primaria ten moi bo seguimento na Mariña”, manifestou.

Porteiro lembrou que se piden “cousas tan importantes como dotar de persoal para que os cocientes sexan os adecuados, que nunca a axenda da Atención Primaria teña máis de 30 pacientes e que se dote de persoal que non existe, ou está minimamente representado, como ocorre cos psicólogos clínicos, logopedas ou podólogos”.

Había un prazo de catro meses para rexistrar as firmas, período que concluiría en novembro aínda que se pediu unha “prórroga” co fin de poder “recoller entre 75.000 e 100.000 firmas” para que salga adiante esta Iniciativa Lexislativa Popular.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...