O Concello de Alfoz ten preparadas unha serie de actividades para este mes de xaneiro co obxectivo tanto de formar como dinamizar á veciñanza. Estas actividades axudarán desde como acceder á administración electrónica, educación emocional ou a dinamización das parroquias.
1.-La Administración cerca de ti. – Programa da Subdelegación de Goberno de Lugo para achegar a administración electrónica aos concellos de menos de 8000 habitantes. En Alfoz levarase a cabo o martes 10 de xaneiro, ás 12:45h no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Funcionarios e funcionarias da Subdelegación de Lugo desprazaranse a Alfoz para ensinar ás persoas interesadas a relacionarse coa Administración de forma dixital, resolver dúbidas e tramitar, entre outros, o certificado dixital da FNMT, imprescindible para moitas xestións e que só se pode tramitar na presenza física da persoa que o solicita. Actualmente, a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de maneira dixital a maior parte das xestións e das comunicacións con seus departamentos. Desde trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, abono de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só pódese xestionar telematicamente. O catálogo de servizos electrónicos da Delegación do Goberno en Galicia ofrece 125 trámites de maneira telemática, entre os que se atopan xestións relacionadas cos servizos de Estranxeiría; pago de taxas; comunicación de mobilizacións; validación de títulos universitarios estranxeiros ou a presentación de queixas ou suxerencias ante a Administración.
2.-Talleres de Educación Emocional para o alumnado do IES Alfoz-Valadouro.
A Concellalía de Igualdade do Concello de Alfoz organizará a partir do 11 de xaneiro ata finais de febreiro un programa de Educación Emocional para os rapaces e rapazas do IES Alfoz-Valadouro. A proposta foi moi ben acollida polo centro educativo que destaca que é un dos obxectivos do departamento de orientación para o presente curso: a mellora do benestar emocionas e social do alumnado. Levarase a cabo nas distintas horas de titoría co alumnado para cada un dos cursos de Educación Secundaria do centro:
1º ESO: 14 ALUMNAS E 8 ALUMNOS.
2º ESO: 11 ALUMNAS E 8 ALUMNOS.
3º ESO: 10 ALUMNAS E 11 ALUMNOS.
4º ESO: 12 ALUMNAS E 6 ALUMNOS.
Aprender a percibir, expresar e controlar as emocións. Concibir que o sentimento, o pensamento e a acción están ligados. Desenvolver, desde o respecto a si mesmo e aos demais, habilidades sociais de comunicación e de resolución de conflitos. Aprender a relaxarse…son parte dos contidos destes talleres nos que o importante é o traballo grupal cos adolescentes, para poder traballar dende a experiencia é a vivencia.
3.-Programa de Dinamización das Parroquias.
O Concello está programando actividades para realizar en todas as Antigas Escolas recuperadas como centros socioculturais das parroquias de Alfoz.
O obxectivo principal é dinamizar estes espazos como punto de encontro e reunión dos veciños e veciñas a través dun amplo abano de actividades: manualidades, formación en primeiros auxilios, seguridade, consumo responsable, medio ambiente,…Dirixidas á poboación adulta non só da parroquia na que se leve a cabo senón de todo o municipio, levaranse a cabo en sesións de 2 horas, en fins de semana para poder compaxinalas cos horarios laborais ou outras actividades que xa se están desenvolvendo coma as deportivas. Serán de balde e en grupos axeitados para garantir o seu éxito, podendo repetirse en caso de haber moita demanda.
O Programa de Dinamización das parroquias iniciouse o pasado mes de decembro na Escola da Pinguela en Lagoa cun obradoiro de creación de centros navideños.
Os sábados 21 e 28 de xaneiro, ademais do 4 e 11 de febreiro terá lugar na Escola de Nenos de Adelán un Curso de bordado, de 17:00h a 19:00h. Máis información e inscricións no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (ext. 2 Arantxa). As prazas son limitadas e cubriranse por orde de reserva.
No mes de marzo serán 2 cursos de Primeiros Auxilios, un na Escola de Bacoi e outro na Escola do Pereiro. Anunciarase o día e hora proximamente na web municipal www.concellodealfoz.com.
Deste xeito, iránse realizando distintas propostas: , enxertos de árbores, elaboración de conservas, arranxos florais, cestería, seguridade e contraincendios, poda, informática, xabón, ao longo de todo o ano
4º.-Programa Sinfónico no Rural no Concello de Alfoz
Desde o mes de novembro, rapazas e rapaces de 7 a 12 anos dos centros educativos de Alfoz participan neste programa da Fundación Xesús Bal y Gay subvencionado pola Área de Cultura municipal.
É un programa de educación musical-social gratuíto e integrador dirixido á infancia que, a través da música, pretende formar persoas que, dun xeito activo, integrador e
equilibrado, constrúan unha comunidade máis xusta e transformadora. Así, os nenos e nenas son os protagonistas do programa, polo que serán axentes activos neste cambio.
O devandito cambio desenvolverase nos seguintes ámbitos:
● A nivel individual, familiar, grupal e comunitario
● No contexto social, educativo e cultural da zona
Obxectivos xerais
● Promover o benestar integral das persoas e construír un comunidade equilibrada a través da música como elemento clave de intervención e transformación social e cultural
● Crear un espazo colectivo seguro e afectivo