InicioCentralAlfozA Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado "Cinema Marabillas" de...

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado “Cinema Marabillas” de Raquel Queizás

Publicada o

- Advertisement -

VER PARA LER…Vide descubrir a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos durante 50 minutos vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo é facerlles ver as crianzas e as súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneras.

Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará a aventura, o humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...