InicioCentralAlfozVolve a Alfoz o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica

Volve a Alfoz o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica

Publicada o

- Advertisement -

O sábado día 1 ás 21:00h no Castelo de Castrodouro, volve o Festival Atlántica a Alfoz. Pedro Mario López de Cuba presentará “Urdimbres”, dirixida a público aduto, de balde, en castelán. Espectáculo que enlaza con humor, ironía e dor historias de profundas resonancias humanas. Contos que narran a vida desde a perspectiva do narrador, conectado coas historias de moitos e moitas que emerxen poeticamente para confrontar a súas voces coa ecoloxía da incerteza; tupidos urdidos entre os que despregan o seus tránsitos o amor, o desarraigamento, a esperanza, o esquecemento ou, dito doutra maneira, a vida en permanente pulso coa morte.

O domingo 2 de xullo, ás 19:00h no Castelo de Castrodouro de Alfoz, dentro do Festival Internacional de Narración Oral Festival Atlántica, estará Cristina Collazo con “A corva”. Dirixida a público familiar, de balde, en galego.‘A Corva’ é unha compoñedora de contos que fai una parada no seu incesante viaxe polo mundo para compartir a súa sabedoría co público. Un contacontos cheo de aventuras para facer gozar aos máis pequenos. “A cada país ao que viaxei, unha ensinanza memoricei”. Se tes moito medo, pecha os ollos e pensa nunha corva enorme voando rapidísimo polo ceo azul. Nesta sesión de contos coñecerás un novo idioma o corvabulario.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...