InicioCentralAlfozAlfoz celebra a XXIII Edición do seu Mercado Medieval esta

Alfoz celebra a XXIII Edición do seu Mercado Medieval esta

O XXIII Mercado Medieval de Alfoz celébrase esta fin de semana entre o sábado 14 e o domingo 15 de xullo. O Concello de Alfoz envía unha presentación deste evento para animar á xente de toda a Mariña a acudir.

Publicada o

- Advertisement -


O Mercado Medieval de Alfoz, que celebrará este ano a súa XXIII edición, non é un evento, unha feira nin un espectáculo, senón todo xunto e moitas máis cousas. É sobre todo un sentimento, un soño e unha ilusión, compartida por moitísimos veciños e amigos que aparcaban todo o demais para traballar xuntos e conseguir que calquera que se achegase ao Castro eses días quedase inevitablemente inmerso na maxia dos contos. O Mercado Medieval de Alfoz é un selo da nosa xente, un símbolo do amor dun pobo polo pobo.

Os traballos xa comezaron e volven os soños a fluír un ano máis, eses que ten o voluntariado que o fai posible e ve, con humilde agradecemento, que o seu esforzo é recompensado con desfrute propio e alleo. Pero é xustamente ao revés, somos todos os demais quen temos que agradecerlle inmensamente a esa xente que o fai posible, e por encima diso, todo o que podemos aprender deles.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...