InicioCentralAlfozAlfoz restrinxe os usos de auga ante a seca que viven os...

Alfoz restrinxe os usos de auga ante a seca que viven os mananciais do concello

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz realizou unha revisión dos diferentes mananciais que fornecen os depósitos de auga potable municipais e ante a situación de seca prolongada que está a sufrir a maior parte da comarca, o consistorio alfocés viuse na obriga de tomar medidas restritivas de carácter urxente para manter os mínimos niveis imprescindibles necesarios na rede municipal de auga.

Durante estes últimos días xa houbo que tomar medidas de continxencia, como foron algúns cortes de subministro puntuais, unicamente para evitar o descebamento dos depósitos que provocarían o corte total de auga durante un período moito máis prolongado. En todos estes casos, comunicouse coa maior cantidade de negocios afectados para informar da situación e que puideran tentar paliar danos na súa actividade na medida do posible.

Desde o concello estase a traballar para dar coa causa, ou causas, deste consumo de proporcións nunca vistas. Entre as actuacións que se están preparando para tratar de localizar o problema non se descartan máis cortes de subministro.

O equipo municipal pide á veciñanza a máxima colaboración e responsabilidade no uso e consumo da auga no seu día a día.

Desta maneira, quedan prohibidos os seguintes usos da auga municipal:

-Rego de xardíns, parques e zonas verdes.

-Baldeado de beirarrúas, fachadas e outras superficies.

-Encher piscinas.

-Lavados de coches.

-Calquera uso non esencial.

Asemade, o Concello está en contacto coas diferentes administracións para estudar posibilidades de actuación ante situacións de seca por múltiples causas.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...