InicioCentralAlfozO libro 'Ditos e refráns do Valadouro' será presentado este venres 25...

O libro ‘Ditos e refráns do Valadouro’ será presentado este venres 25 de agosto

Será presentado polo Seminario de Estudos do Valadouro e conta con ilustracións de Xosé Blanco.

Publicada o

- Advertisement -

O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto ás 20:00h no Castelo de Castrodouro un novo caderno, “Ditos e refráns do Valadouro” ilustrados por Xosé Branco e a exposición da súa obra que permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro. 

Lionel Rexes, autor da recopilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro.

O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural, histórica e patrimonial do Val. 

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...