O sábado 16 de setembro terá lugar esta actividade dentro das accións de promoción da Reserva da Biosfera Terras de Miño da que Alfoz forma parte.
Organízase unha saída ao campo interpretativa e de introdución á identificación de especies na que, ademais, se ensinarán boas prácticas do recolector, divulgando así cal é o uso e disfrute apropiado e sostible deste importante recurso. Ademais de identificar e colleitar, explicarase o valor dos fungos no medio natural e para os seres humanos.
Jesús Blanco García, micólogo e presidente da Asociación Amigos das setas Os Bolouros, colectivo que leva en activo desde 1978 difundindo o mundo dos cogomelos a través de numerosas colaboracións con centros educativos e concellos para dar a coñecer a micoloxía e fomentar un uso sostible do recurso, será o encargado de guiarnos nesta xornada.
Para rematar a xornada, levarase a cabo unha degustación gastronómica para os participantes na Cafetería da Casa da Cultura de Alfoz, onde tamén se poderá ver unha pequena exposición ou mostra de distintos exemplares de cogomelos que podemos atopar na nosa zona.
A saída será ás 16:30h desde a Casa do Concello de Alfoz, e é necesario inscribirse previamente desde o 4 de setembro no teléfono 982 558 001 (ext.3). As prazas son limitadas e ocuparanse por orde de solicitude. A actividade é de balde. Recoméndase aos participantes levar calzado axeitado, navalla e cesta para a recollida de cogomelos.
SINFÓNICO NO RURAL. UN NOVO CURSO EN ALFOZ.
Sinfónico no Rural, un programa de educación musicosocial gratuíto e inclusivo dirixido á infancia que, a través da música, pretende formar persoas que de maneira activa, inclusiva e equilibrada constrúan unha comunidade máis xusta e transformadora. Así pois, os nenos e nenas son os protagonistas do programa, xa que eles serán en axentes activos neste cambio.
Dito cambio desenvolverase nas seguintes áreas:
- A nivel individual, familiar, grupal e comunitario
- Cambios no contexto social, educativo e cultural da zona
Por iso, a integración da comunidade e dos seus axentes é fundamental no programa, xa que se traballará por e con ela. Para iso, búscase sempre aumentar as súas potencialidades e traballar para colaborar na superación das súas necesidades. Así pois, tras unha análise das mesmas, levarase un Plan de Acción: deseño dunha acción concreta e axustada ao territorio.
Os valores son:
- Crear conciencia crítica.
- Feminismo
- Inclusión da diversidade
- Perspectiva de coidados entre os participantes.
- Participación da Infancia na comunidade.
- Perspectiva ecoloxista e de coidados do grupo
Así, este espazo colectivo que favorece o benestar integral e a transformación sociocultural a través da música está dirixido a nenos de 7 a 12 anos. Para solicitar máis información ou facer xa a preinscripción para o este curso haberá que chamar ao 699 410 878.