InicioCentralAlfozBandeira Verde de Galicia na Casa do Concello de Alfoz

Bandeira Verde de Galicia na Casa do Concello de Alfoz

Publicada o

- Advertisement -


Alfoz acada por terceiro  ano consecutivo a Bandeira Verde de Galicia. Este galardón recoñece a labor dos concellos, e sobre todo dos veciños e veciñas, no coidado da paisaxe e patrimonio, no traballo cara a eficiencia enerxética, a xestión dos residuos e a educación e sensibilización medioambiental. 

O Concello de Alfoz presentou un total de 31 accións ou iniciativas nos 4 ámbitos de actuación, acadando a puntuación necesaria para todas elas e, polo tanto, a concesión un ano máis da Bandeira Verde. 

Queremos felicitar ao resto de municipios galegos que tamén recibiron o galardón, que neste ano foron 18.

TEATRO NA CASA DA CULTURA

O grupo de teatro comezou a súa andaina alá polo ano 1993. En principio as súas actuacións transmitíanse polo circuíto pechado do antigo Hospital Xeral para contribuír a humanizar a convalecencia dos enfermos.

Co tempo as representacións comezaron a facerse en aberto, contando coa asistencia do público que acudía ao salón de actos do propio hospital. Sinopse: Dona Katiusca ten unha tenda de roupa, que dirixe cunha actitude claramente tiránica. Na vida desta muller agóchanse unha chea de maldades e trampulladas.

Un día calquera, a tenda énchese de clientas. Todo transcorre con normalidade ata que se descobren varios cadáveres. A situación complícanse pero aparecen en escena o gran detective Sherlock Sánchez e o seu axudante Cirilo Burrámez, que conseguen resolver os crimes de desentrañar os segredos de Dona Katiusca.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...