InicioCentralAlfozO Concello de Alfoz dá a benvida ao alumnado de intercambio no...

O Concello de Alfoz dá a benvida ao alumnado de intercambio no IES Alfoz-Valadouro

Publicada o

- Advertisement -

Este luns 5 de febreiro a Alcadesa de Alfoz, Efigenia Maseda, deulle a benvida ao alumando francés de intercambio no IES Alfoz-Valadouro.


Efigenia acercouse ao IES para recibir ao alumnado galo cun agasallo e intercambiou experiencias tanto cos 15 rapaces e rapazas como coas dúas profesoras que os acompañan. Durante uns días convivirán con familias do Val e celebrarán diferentes actividades e viaxes organizadas polo IES para coñecer a nosa comarca, a provincia e Galicia.


“A experiencia que está a vivir a rapazada son das que non se esquecen. Os intercambios son unha ferramenta moi positiva para mellorar a lingua que están a estudar e para coñecer diferentes culturas”
apuntou a Alcaldesa sobre o encontro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...