IniciosociedadeA Mariña, o segundo xeodestino de Galicia que máis medrou en 2018

A Mariña, o segundo xeodestino de Galicia que máis medrou en 2018

O número de visitantes aumentou un 4,4% na bisbarra durante o pasado exercicio, un incremento que só foi menor ao da comarca Celanova-Limia

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense foi o segundo xeodestino en crecemento en Galicia durante o exercicio 2018, cun aumento do 4,4% no volume total de viaxeiros rexistrados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A bisbarra que máis medrou como polo de atracción turístico foi a de Celanova-Limia, cun importante desenvolvemento, do 18,7%.

Por detrás dela e da Mariña sitúanse Ferrolterra ou Ría de Muros e Noia (cun mesmo incremento, do 1,4%), xunto a outras como Ría e Terras de Pontevedra (+2,2%), Ría de Vigo e Baixo Miño (+1%) ou A Coruña-As Mariñas (+0,5%).

Por provincias, Pontevedra tivo o 41% da demanda turística en Galicia, seguida dun 40% na Coruña, un 12% en Lugo e un 7% en Ourense, o territorio que rexistrou unha progresión máis salientable no volume total de viaxeiros.

4,8 MILLÓNS DE VISITANTES

Segundo datos achegados pola Xunta de Galicia, a comunidade rexistrou preto de 4,8 millóns de visitantes que realizaron un total de 10,2 millóns de pernoitas nos distintos establecementos de aloxamento regrado. O Executivo autonómico sinala que se trata do “segundo mellor resultado da serie histórica”.

INGRESOS

Segundo expón o Executivo autonómico, a rendabilidade do sector hoteleiro, medida a través do ingreso medio por habitación dispoñible (RevPAR), incrementouse un 2,8% fronte ao 1,6% estatal. Así, o sector hoteleiro obtivo uns ingresos de preto de 295 millóns de euros.

DESESTACIONALIZACIÓN

No tocante á intención de desestacionalizar o turismo, o número de visitantes en tempada baixa en Galicia medrou un 8,2% despois de que os maiores incrementos se deran nos meses de outono-inverno.

Este feito propiciou que a tempada media-baixa supoña o 63,4% da demanda fronte ao 36,6% da tempada alta. Así, seis de cada dez turistas que visitan Galicia fano fóra dos meses centrais do verán.

PROCEDENCIAS

Entre os principais mercados de procedencia dos viaxeiros, no plano internacional destacan as achegas de Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Italia, Francia, Reino Unido, Irlanda e Países Baixos. Mentres, no ámbito estatal sobresaen Madrid, Castela e León, Andalucía, Asturias, Cataluña, País Vasco e Comunidade Valenciana.

TURISMO RURAL

No eido concreto do turismo rural, acadouse un máximo histórico de turistas cun aumento do 68% no último lustro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...