Alfoz Solidario recada 12.571 euros para facer fronte ao cancro

A organización da gala, celebrada no pasado mes de febreiro, donará a cantidade á Asociación Española Contra el Cáncer

Entrega do cheque de Alfoz Solidario á AECC. AXM

A gala benéfica ‘Alfoz Solidario‘, celebrada o pasado mes de febreiro, acadou un total de 12.571 euros a favor da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC).

Os beneficios obtidos na gala foron conseguidos a través da recadación dunha cea na que participaron 350 persoas, sendo o importe ingresado por comensal superior aos vinte euros grazas á achega de Finca Galea e dos proveedores, que doaron diferentes produtos para a elaboración do menú.

Durante o ágape tamén se venderon rifas para o sorteo de 160 agasallos doados por diferentes locais comerciais da comarca, e a través de donativos particulares entregados por aquelas persoas que non puideron asistir e que formaron a mesa cero.

A presidenta da AECC en Lugo, Mari Luz Abella, visitou este mércores Alfoz para recibir dos promotores do evento un cheque por valor de 12.571 euros.

AGRADECEMENTO

A organización, formada por Dora Trobo, Conchita Pardiñas, Natalia Andón, Ana Carballo, Marisa Rubal, María José Seco, Carmen Geada e o tenente de alcalde, Xabier Pardiñas, agradeceu a implicación de participantes e establecementos colaboradores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here