IniciosociedadeO 45,4% dos fogares da Mariña susténtase nas prestacións

O 45,4% dos fogares da Mariña susténtase nas prestacións

Segundo o Instituto Galego de Estatística, só o 54,61% dos núcleos familiares da bisbarra vive alomenos unha persoa asalariada

Publicada o

- Advertisement -

O 45,4% dos fogares da Mariña Lucense susténtase a través das prestacións sociais, ben sexa por desemprego ou as pensións, contributivas e non contributivas. Así o demostra un estudo do Instituto Galego de Estatística (IGE).

Segundo o informe publicado este venres, na Mariña só no 54,61% dos fogares vive alomenos unha persoa asalariada. A porcentaxe cae por debaixo do 50% noutras zonas da provincia de Lugo, como A Montaña (43,68%) ou o sur (45,41%), onde a principal fonte de ingresos de máis do 60% dos núcleos familiares proveñen das prestacións.

As provincias de Ourense e Lugo presentan claras diferencias con respecto ás de Pontevedra e A Coruña. Podes consultar a información completa de Silvia López no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...