IniciosociedadeDous pacientes con coronavirus seguen na Uci da Mariña, cifra que se...

Dous pacientes con coronavirus seguen na Uci da Mariña, cifra que se mantén desde o 13 de abril

O número de casos activos na provincia é de 238, segundo o reconto oficial do Sergas

Publicada o

- Advertisement -

A presión hospitalaria por coronavirus no Hospital Público da Mariña continúa estable, segundo o reconto oficial ofrecido no mediodía deste venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). No centro hospitalario de Burela permanecen dúas persoas ingresadas a causa da pandemia, ambas na Unidade de Coidados Intensivos (Uci). Esta cifra mantívose inalterable desde o pasado 13 de abril, cando se ofreceron as primeiras altas nas camas de críticos.

No tocante aos casos activos na provincia, cabe salientar que o Sergas modificou dous meses despois o protocolo de reconto ao incluír tamén “as altas epidemiolóxicas” e non só as hospitalarias, é dicir, tamén as daquelas persoas en domicilio que contan con PCR negativa ou que pasaron o tempo suficiente illadas para “concluír clinicamente” que superaron a doenza. Fíxoo sen incluír datos cronolóxicos, o que impide comprobar a evolución da enfermidade.

Esta situación explica a caída drástica dos casos activos documentados, 675 na provincia o pasado martes e 238 este venres, tres menos có pasado mércores. Destas 238 persoas infectadas, hai catro nas Ucis da área de Lugo, as outras dúas no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). Seis pacientes permanecen en hospitalización, dous menos ca onte, tres no Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA. En domicilio detéctanse 228 casos, un menos.

Vinteseis persoas –cinco da Mariña– faleceron a causa da pandemia, con 596 altas no histórico. En Galicia, a cifra de mortes elévase a 557. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...