IniciosociedadeVolta voluntaria ás aulas o 25-m nos cursos finais de Bacharelato e...

Volta voluntaria ás aulas o 25-m nos cursos finais de Bacharelato e FP; os nenos de cero a seis anos agardarán

A Xunta, que terá once días para preparar a volta ás aulas, non aclara se os máis pequenos volverán ás clases no que queda de curso

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de Formación Profesional poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de maio. A Xunta de Galicia tomou esta decisión logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra Isabel Celaá, e na que houbo un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases nos cursos superiores que titulan.

Segundo avanzou Celaá, as comunidades recibirán hoxe ou mañá recomendacións sanitarias para a reapertura parcial dos centros educativos e para o desenvolvemento das probas de acceso á Universidade (ABAU). Ademais, a ministra comprometeuse a enviar tamén nos vindeiros días o protocolo sanitario deseñado polo Goberno central para os centros educativos de Ceuta e Melilla, co obxectivo de que poida servirlles de referencia ás comunidades autónomas.

En principio, a Xunta descarta por agora abrir os centros educativos para os nenos de entre cero e seis anos a partir do 25 de maio, como se contempla na fase 2 da desescalada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...