InicioCentralAlfozXornada de charlas sobre prevención de riscos na infancia para as nais...

Xornada de charlas sobre prevención de riscos na infancia para as nais e pais dos escolares en Alfoz

A Garda Civil dá formación, en 15 concellos da provincia, a pais e nais do programa Educando en Familia en materia de acoso escolar e sobre os riscos das novas tecnoloxías

Publicada o

- Advertisement -

Comezaron as charlas que se celebran na Casa da Cultura de Alfoz, dentro do marco do Plan Director para a mellora da convivencia e a seguridade nos centros educativos, dirixidas a nais e pais de escolares menores de 6 anos participantes no programa Educando en Familia. Na presentación desta acividade estivo a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, que destacou “a importancia da prevención dos riscos aos que se enfrontan actualmente a infancia e a mocidade para evitarlles sufrimentos agora e no futuro”.

Tamén estiveron presentes a tenente de alcalde do Concello de Alfoz, Ana Aránzazu Ares Incera, e a responsable do devandito programa educativo neste municipio da comarca da Mariña, Encarna Santos. Isabel Rodríguez falou da “valiosa” labor que levan a cabo as forzas de seguridade entre os mozos e mozas da provincia coas actividades que realizan tanto a Garda Civil como a Policía Nacional para a comunidade educativa.

Os membros do equipo da Garda Civil da Comandancia de Lugo ligados ao Plan Director Héctor Méndez e Ramón Peña explicáronlles esta mañá aos asistentes ás dúas sesións de formación soobre como actuar diante de situacións de acoso escolar e tamén lles ofreceron formación sobre os riscos que pode entrañar para a infancia e a mocidade facer un mal uso das novas tecnoloxías.

No caso do programa Educando en Familia, neste curso e debido á pandemia, só se realizan actividades dirixidas a nais e pais de escolares. En total, o equipo de formadores da Garda Civil ten previsto realizar durante este mes de maio charlas para participantes neste programa en 15 concellos da provincia: Ribadeo, Begonte, Xermade, Guitiriz, Burela, Castro de Rei, Cervo, Foz, Alfoz, Outeiro de Rei, Ourol, Mondoñedo, Riotorto, Barreiros e O Vicedo.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...