InicioCentralAlfozA Deputación financia un gran almacén en Alfoz para gardar maquinaria e...

A Deputación financia un gran almacén en Alfoz para gardar maquinaria e material municipal

José Tomé, xunto ao Alcalde, visitou tamén a mellora da estrada LU-P-0202, de San Acisclo a Oiras, e a LU-P-0209, da Igrexa de Bacoi a Vilar, rexeneradas con medios propios cuns traballos valorados en 52.835€, e a limpeza da vía LU-P-0208, de Oiras a Pereiro

Publicada o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, supervisou o inicio das obras de construción dunha nave almacén de maquinaria no concello mariñano. Na visita tamén participaron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

A institución provincial fai unha achega de 115.300 euros para esta nova edificación, que se levanta na Granda de San Pedro, xunto á piscina municipal e o colexio, mentres que o concello aporta 4.435 euros, dentro do convenio de colaboración asinado entre estas dúas institucións.

Esta nave é moi necesaria porque agora mesmo a maquinaria municipal estase gardando ó aire libre, o que, ademais de expoñela a roubos, que xa se teñen producido, acelera o seu deterioro e provoca avarías que, de estar resgardada, non se producirían”, explicou o Presidente.

Ambos representantes asinaron unha addenda ó convenio de colaboración  entre Deputación e Concello que permitirá levar a cabo obras complementarias á construción deste almacén mellorando aínda máis a seguridade. Trátase dun acordo entre as institucións nas que se invisten 20.146 euros de remanentes para esta fin tras a solicitude no mes de maio.

O Presidente tamén supervisou as estradas provinciais que están a ser melloradas con medios propios da Deputación. A LU-P-0202, de San Acisclo a Oiras, foi rexenerada en 8 quilómetros de vía con rego asfáltico, e a LU-P-0209, da Igrexa de Bacoi a Vilar,  en dous quilómetros, ambos traballos están valorados en 52.835€. O Presidente destacou que “a mellora desta vía permite unha mellor comunicación entre as parroquias de Alfoz nunha vía que se achega aos 5 metros de ancho”. Así mesmo, o persoal do Parque Móbil provincial está a levar a cabo a limpeza da vía LU-P-0208, de Rúa, en Oiras, a Pereiro.

Neste sentido, o Presidente asegurou que manter en bo estado as comunicacións por estrada “é imprescindible para favorecer a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial, e, polo tanto, para fixar poboación no rural. Por iso, o mantemento e a mellora da rede de estradas é unhas das nosas liñas de actuación prioritarias”.

Pola súa banda, o Alcalde de Alfoz subliñou a importancia dun traballo coordinado entre as administracións e resaltou que “a Deputación demostra o seu traballo con feitos como as melloras que visitamos. En Alfoz estamos moi agradecidos polo esforzo levado a cabo, dende o Presidente ata os técnicos provinciais, que nos permiten cumprir cos compromisos que temos coa nosa veciñanza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...