InicioCentralAlfozNenos e nenas de Alfoz aprenden a comer ben

Nenos e nenas de Alfoz aprenden a comer ben

Realizaron un obradoiro para identificar os diferentes tipos de alimentos e a súa procedencia.

Publicada o

- Advertisement -

As crianzas que asisten ao programa Ludiverán Alfoz participaron este mércores nun Obradoiro de Alimentación e hábitos de vida saudables, impartido pola Catedrática de Tecnoloxía de Alimentos da USC Ángeles Romero Rodríguez e organizado en colaboración coa Escola Galega de Saúde.

Durante o mesmo prestouse especial atención á promoción da alimentación saudable, á importancia de realizar eleccións saudables relativas ao consumo de alimentos e á realización de actividade física, de cara a potenciar un estilo de vida saudable.

Tamén aprenderon a identificar os diferentes tipos de alimentos e a súa procedencia, así como as recomendacións sobre a frecuencia do seu consumo. “Foi un obradoiro que lles resultou moi interesante á vez que moi sorprendente, especialmente cando descubriron a cantidade de azucre que teñen os alimentos procesados e ultraprocesados sobre os cales se debe limitar o consumo, aprendendo a optar por eleccións máis saudables que permitan reducir a prevalencia do sobrepeso e obesidade que se comeza a detectar entre a a poboación infantil”, indica o concello nun comunicado.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...