Bailando… así aprenden as crianzas de Alfoz os valores da igualdade de xénero

Abordan nun obradoiro a desigualdade e os esterotipos de xénero.

Nenos e Nenas aprenden no programa Ludiverán-Xogando en Igualdade do Concello de Alfoz os valores da igualdade de xénero / Concello de Alfoz.

Bailando. Así aprenden os nenas e os nenos que asisten ao programa Ludiverán-Xogando en Igualdade do Concello de Alfoz os valores da igualdade de xénero.

As crianzas participaron este venres nunha actividade de Baile coeducativo, a través dunha proposta pedagóxica coeducativa a través da cal se abordou a desigualdade e os esterotipos de xénero así como a súa creatividade e capacidade de interpretación. Fíxose a través dunha coreografía sobre a igualdade, así como sobre a liberdade de decisión e elección das persoas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here