InicioCentralAlfozOs nenos de Alfoz aprenden a coidar do planeta

Os nenos de Alfoz aprenden a coidar do planeta

Os participantes do obradoiro Ludiverán-Xogando aprenderon a adoptar un estilo de vida máis sustentable, con ferramentas que poden axudar a conseguilo.

Publicada o

- Advertisement -

Os participantes do programa Ludiverán-Xogando en Igualdade do Concello de Alfoz participaron durante a xornada do luns, 9 de agosto, nun obradoiro sobre a Emerxencia climática a través do cal puideron comprender non só as razóns polas que a Terra está a sufrir esta problemática, senón tamén as consecuencias dunha Terra máis quente e contaminada.

Nun comunicado, os responsables do programa indican que os nenos “percatáronse da importancia de que cada persoa individualmente e cada familia colabore para poder mellorar ou frear esta situación, así como das ferramentas que poden empregar para facelo”.

Para finalizar o obradoiro tamén aprenderon a calcular a súa pegada ecolóxica e de como reducila “para non danar este anaco de terra que nos corresponde en empréstito”. É dicir, aprenderon a importancia de adoptar un estilo de vida máis acorde coa sustentabilidade e “das famosas 3R: reducir a adquisición e o uso de produtos, reutilizar e reciclar”.

ÚLTIMAS

Alerta marela por ventos fortes na Mariña

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Vicepresidencia da Xunta, activou a alerta...

Acto vandálico no Photocall de Nadal instalado por ACISA Ribadeo

O photocall do Nadal de Acisa Ribadeo, instalado na rúa Rodríguez Murias, foi obxecto...

Iván Cabanas: “Ceibarrimas quere traer o rap á zona e animar á xente de aquí a rapear”

-Que é o Ceibarrimas e cal é a finalidade do mesmo? Consiste en facer “batallas...

Burela renovará o saneamento da rúa Portelo e da zona de Ril

O Concello de Burela renovará con dúas obras os servizos e a accesibilidade da...