IniciosociedadeO Concello de Alfoz deseña por terceiro ano as axendas escolares para...

O Concello de Alfoz deseña por terceiro ano as axendas escolares para estudantes do municipio

Os modelos de Educación Infantil e Primaria serán entregados directamente no CEIP Castro de Ouro para todos os nenos e nenas nel matriculados, ao igual que todo o alumnado do IES Alfoz-Valadouro.

Publicada o

- Advertisement -

Por terceiro ano a Delegación de Igualdade de Alfoz deseñou as axendas escolares dirixidas a estudantes do Concello de Alfoz.

Os modelos de Educación Infantil e Primaria serán entregados directamente no CEIP Castro de Ouro para todos os nenos e nenas nel matriculados, ao igual que todo o alumnado do IES Alfoz-Valadouro.

Os estudantes de BAC e FP empadronados en Alfoz que desexen a súa axenda poden pasar polo Concello a recollela coma nos cursos anteriores.

Este ano, como novidade, hai un modelo máis de axenda coeducativa, pensada para os estudantes da Universidade, que ante a demanda do curso pasado por parte dos rapaces e rapazas que xa a tiveran en BAC e FP decidimos incluir un novo formato axeitado con horarios para os cuatrimestres e cunha duración de setembro a agosto. Poden recoller a súa axenda na Delegación de Igualdade do Concello.

Este curso están dedicadas a internet, mantendo os contidos habituais (libros, películas, webs, novas…) e os códigos Qr para facilitar o acceso e incluíndo novidades centradas no bo uso da rede, nas posibilidades que ofrece pero tamén no coñecemento e prevención de malos usos.

Deseñadas para as diferentes idades e etapas educativas e subvencionadas a través da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, do Ministerio de Igualdade, do Pacto de Estado Contra a Violencia e da Unión Europea.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...