O alcalde de Alfoz, Jorge Val, acompañado do resto da Corporación Municipal, entregoulles aos productores de mel “Ouro Puro” Iván e César Marrube e de “O poder das flores” Javier e Francisco Carreiras, sendas figuras do Castelo de Castro de Ouro, símbolo do Concello de Alfoz, en agradecemento polo seu labor na promoción do municipio a través dos recentes éxitos acadados que sitúan os seus meles entre as mellores do mundo.
Os irmáns Javier e Francisco Carreiras, produtores do mel “O Poder das Flores”, recibiron o máximo galardón a nivel galego, na categoría de mel multifloral, na XIX Cata dos meles da Consellería de Medio Rural e Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia. O mesmo premio en mel monofloral foi para Iván e César Marrube con “Ouro Puro”. Ademais, recentemente ambas marcas acadaron tamén un primeira posición nos Premios London Honey Awards, que son os máis importantes a nivel mundial e se caracterizan polos altos estándares de calidade dos productos premiados.
O Concello de Alfoz ten unha fonda tradición apícola e é unha zona privilexiada para a súa producción. Partindo dunha boa materia prima, Iván, César, Fran e Javier coidan das colmenas, a manipulación e extracción do mel con xeito, cariño e dedicación, así como respectando ao máximo o ciclo natural e o resultado é sen dúbida espectacular.
O seu éxito pon a Alfoz no mapa mundial do mel da máxima calidade. “Converténdoos en embaixadores do municipio que poñen en valor” promocionando en cada ocasión os seus recursos naturais que permiten unha floración variada e constante ao longo do ano. Ademais diso, tamén axudan coa preservación dun ecosistema sen contaminación que sumado ao traballo de Iván e César Marrube de “Ouro Puro” e Javier e Francisco Carreiras de “O poder das flores” dan como resultado este mel excepcional.
Segundo o alcalde, estes empresarios “son un claro exemplo a seguir, abrindo paso para outros emprendedores na producción de mel” que sen dúbida é unha oportunidade “tamén de negocio e de potenciar as posibilidades do rural, sobre todo hoxe en día onde a tecnoloxía permite ampliar o mercado sen límites”.