InicioCentralAlfozVisita guiada de Arte e Historia en Alfoz

Visita guiada de Arte e Historia en Alfoz

Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído, tamén se coñecerá a importancia da industria téxtil de Alfoz no s. XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz organiza este vindeiro sábado 23 de outubro a primeira visita didáctica de Arte e Historia deste 2021. Será ás 18:00h 

Esta actividade está incluída nos programas da Área de Turismo Municipal e incluídas no Plan Único da Deputación Provincial.

Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído, tamén se coñecerá a importancia da industria téxtil de Alfoz no s. XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC.

É necesaria INSCRICIÓN PREVIA no teléfono 982 558 001 (ext.3) ou na Oficina de Rexistro da Casa do Concello desde o 13 ao 22 de outubro. Prazas limitadas. Actividade de balde. Máis información no mesmo teléfono na extensión 2.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...