InicioCentralAlfozComezan as reuninóns cos veciños de Alfoz para o deseño dos orzamentos...

Comezan as reuninóns cos veciños de Alfoz para o deseño dos orzamentos locais

Irase comunicando cada semana o lugar da xuntanza en cada parroquia, rematando no Salón de Actos do Centro Sociocultural onde se reunirán S. Pedro de Mor, Reirado, O Castro e as distintas asociacións e clubes non incluidas nas anteriores convocatorias.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz inicia o vindeiro venres, 15 de outubro, ás 20:30h na Escola do Chao no Pereiro, a rolda de reunións coa veciñanza das diferentes parroquias para o deseño do vindeiro orzamento municipal, así como para informar sobre diferentes obras, servizos e programas que se están a desenvolver no municipio.

Trátase de convocatorias abertas a toda a cidadanía que se levarán a cabo durante os meses de outubro e novembro en cada unha das parroquias de Alfoz coa intención de establecer un diálogo sobre todos aqueles temas de interese e onde recoller as demandas, dúbidas e/ou suxerencias dos veciños e veciñas para mellorar entre todos o noso pobo.

Irase comunicando cada semana o lugar da xuntanza en cada parroquia, rematando no Salón de Actos do Centro Sociocultural onde se reunirán S. Pedro de Mor, Reirado, O Castro e as distintas asociacións e clubes non incluidas nas anteriores convocatorias.

Toda a información sobre as datas, horas e lugares estará dispoñible na web: https://www.concellodealfoz.com, na sección de Actualidade. Máis información no tfno. 982 558 001 (ext.2)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...