InicioCentralAlfozPresentación en Alfoz do libro "Os irmáns de América"

Presentación en Alfoz do libro “Os irmáns de América”

O acto terá lugar o sábado 30 de outubro ás 19:00 h., no castelo do Castrodouro de Alfoz.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Cultura do País, (colectivo con base en Lugo que conta cun grupo activo de socios na comarca do Valadouro) organiza a presentación do libro Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana, de Prudencio Viveiro Mogo, publicado por Edicións Laiovento o pasado mes de setembro. O acto terá lugar o sábado 30 de outubro ás 19:00 h., no castelo do Castrodouro de Alfoz.

Intervirán, amais do propio autor: Ruth Rodríguez Bermúdez (presidenta de Cultura do País), quen presentará o colectivo no municipio alfocés, pois é a primeira actividade que se desenvolve neste municipio, e a seguir o escritor alfocés Lionel Rexes presentará a Prudencio Viveiro.

Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana é un estudo sobre a sociedade de emigrantes “El Valle de Oro”, un importante colectivo filantrópico impulsor da creación de escolas nas parroquias de Adelán, Bacoi, Vilacampa, O Cadramón e tamén axudas económicas para a construción da igrexa de Ferreira e outras obras de carácter social.

“El Valle de Oro” foi fundada no ano 1907 e continúa activa hoxe en día na capital cubana, dirixida polos últimos descendentes de galegos emigrados. Chegou este colectivo a contar cunha delegación no propio val, a través da cal se xestionaban peticións de axuda e administración de remesas económicas. Estamos a falar polo tanto, dunha asociación cunha traxectoria de 114 anos; sen dúbida a máis antiga e lonxeva das creadas por nativos deste val.

Prudencio Viveiro é natural da parroquia valadouresa de Moucide, é historiador e actualmente desenvolve a súa actividade profesional no Consello da Cultura Galega, en Compostela. Anteriormente ten publicado Política, eleccións e fidalgos (Ediciós do Castro, 2004) e O Estatuto Galego durante a II República (Ediciós do Castro, 2007).

Durante a presentación poderán adquirirse exemplares deste amplo e minucioso estudo, unha obra de investigación que está a suscitar grande interese en ambos municipios do val, pois, alén de aproximacións e breves referencias, nunca se levara a cabo unha investigación en profundidade sobre a colectividade emigrante do Valadouro na Habana.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...