Reabre a oficina turística de Alfoz en horario de inverno

Poderase visitar o Castelo de Castro de Ouro onde se poderán ver distintas exposicións.


A Ofincina de Información Turística de Alfoz reabre as súas portas ao público xeral a partir do día 30 de outubro, no habitual horario de inverno: sábados, domingos e festivos de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 20:00h.

Poderase visitar o Castelo de Castro de Ouro onde se poderán ver distintas exposicións: Antigas Escolas (planta baixa), Pintura de Hipólito Xeada (1º planta) e Fotografías de Alfoz (2º planta) ademais de disfrutar das magníficas vistas desde o alto da torre.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here