InicioCentralAlfozAlfoz abre o prazo de inscrición para novas visitas guiadas polo termo...

Alfoz abre o prazo de inscrición para novas visitas guiadas polo termo municipal

As persoas interesadas poden chamar ao 982 558 001 (ext.3) para anotarse ata o día 19 de novembro ás 14:00h. As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta.

Publicada o

- Advertisement -

O sábado 20 de novembro, ás 16:00h partirase desde a Casa do Concello en autobús para realizar o percorrido que nos levará ata a Igrexa de Sta. María de Bacoi e á Capela do Santiago en Lagoa.

Acompañados por Dolores Barral, catedrática de Historia da Arte da USC, coñeceremos os rasgos máis importantes de ambos templos.

No caso de Sta. María, constuida na primeira metade do s. XVIII, sobresae polo seu retablo de estilo churrigueresco, considerados un dos mellores exemplos do barroco galego.

A Capela do Santiago destaca polas súas grandes dimensións cun amplo pórtico de entrada, a lápida relativa á súa fundación, así como o retablo de estilo do renacimiento popular, ou unha lámpada do s. XVI.

As visitas forman parte dun programa da Área de Turismo Municipal para poñer en valor a riqueza patrimonial do Concello de Alfoz tanto para visitantes como para os propios veciñas e veciñas, encadrado dentro do Plan Único da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...