InicioCentralAlfozCharlas sobre como facer compost o venres en Alfoz e Visita Guiada...

Charlas sobre como facer compost o venres en Alfoz e Visita Guiada de Arte para o sábado

O venres 26 de novembro ás 20:30, no Salón de Actos do Centro Sociocultural, o equipo de goberno do Concello de Alfoz terá a última reunión deste ano coas distintas asociacións veciñais, culturais e deportivas. Tamén haberá unha reunión cos veciños e veciñas das parroquias de Mor, Reirado e O Castro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz impartirá unha charla formativa este venres, 26 de novembro, ás 18:00h no Salón de Actos do Centro Sociocultural. O obxectivo aprender a elaborar compost e, ao rematar, serrán entregados os 25 composteiros ás persoas que os solicitaron no Concello durante estes meses.

Será un acto aberto para público en xeral interesado neste proceso para aproveitar os restos orgánicos do lixo e conseguir un abono de grande calidade. Será impartida por mestres composteiros de Sogama, quen nos proporcionou os 25 composteiros para esta nova entrega.

O Concello de Alfoz, continúa así traballando para fomentar unha xestión responsable dos residuos da súa veciñanza, a través do Programa de Compostaxe de Sogama, ao que Alfoz está adscrito. En 2020 entregáronse 25 unidades, este ano outras 25 e no vindeiro ano prevese unha nova entrega. A boa resposta por parte da poboación, sen a cal é imposible levar a cabo este tipo de iniciativas é fundamental para poder, entre todos, mellorar día a día a nivel medioambiental.

O mesmo día venres 26 de novembro ás 20:30, no Salón de Actos do Centro Sociocultural, o equipo de goberno do Concello de Alfoz terá a última reunión deste ano coas distintas asociacións veciñais, culturais e deportivas. Tamén haberá unha reunión cos veciños e veciñas das parroquias de Mor, Reirado e O Castro. A finalidade principal destas xuntanzas iniciadas en outubro en cada unha das parroquias, é recoller as demandas da poboación para mirar de incorporalas no Orzamento Municipal de 2022. Ademais é un espazo de diálogo directo no que se informará, por parte do Alcalde e dos responsables da diferentes áreas municipais, de novas obras, servizos e  programas que se están a levar a cabo desde o Concello e onde falar de calquera tema que desexen os asistentes.

O sábado día 27 de novembro farase a última Visita Guiada de Arte de Historia deste ano, II parte de Cruceiros de Alfoz. As 16:00h sairase en bus desde a Casa do Concello para coñecer máis cruceiros do municipio. As persoas interesadas poden chamar para anotarse ao tfno. 982 558 001 (ext. 3) ata o venres 26 ás 14:00h. A actividade, que é gratuita, terá unha duración de 2h aproximadamente. Mario Saavedra, autor do libro “Cruceiros, cruces e cristos do Concello de Alfoz”, o cal ademais se entregará como agasallo as participantes.

Está incluida dentro do Plan Único da Deputación de Lugo, na Área de Turismo co fin de poñer en valor o rico patrimonio artístico de Alfoz a través deste tipo de iniciativa que se leva a cabo por segundo ano e que en 2021 consta de 4 visitas guiadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...