InicioCentralAlfozO Ciclo Gargalladas do Concello de Alfoz continúa coa obra "Por un...

O Ciclo Gargalladas do Concello de Alfoz continúa coa obra “Por un puñado de grelos”

Tamén o sábado 4 de decembro, no Castelo de Castro de Ouro, inaugurarase a exposición das imaxes do II Concurso de Fotografía "Alfoz en primavera".

Publicada o

- Advertisement -

O sábado 4 de decembro, ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura, Os Trocos Teatro presenta “Por un puñado de grelos”, incluido no Ciclo Gargalladas da Área de Cultura da Deputación de Lugo. O grupo de teatro aficionado de Castro de Rei traerá a Alfoz esta comedia para todos os públicos que define como “rural western”.

Tamén o sábado 4 de decembro, no Castelo de Castro de Ouro, inaugurarase a exposición das imaxes do II Concurso de Fotografía “Alfoz en primavera” que se poderá visitar no horario de apertura do Castelo e a Oficina de Información Turística que durante o inverno é sábados, domingos e festivos de 10:30h a 14:00h e de 17:00h a 20:00h. Lembramos que actualmente pódense visitar 2 exposicións permanentes, na planta baixa a dedicada ás Antigas Escolas Unitarias e na primeira planta a de pintura de Hipólito Xeada.

O Castelo de Castro de Ouro e a OIT abrirá a vindeira ponte festiva, os días 6, 7 e 8 de decembro no horario indicado máis arriba.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...