- Advertisement -
O Concello de Alfoz lembra que o prazo final para a entrega de toda a documentación relacionada coa hidroeléctrica do Xistral, remata o vindeiro mércores 9 de marzo.
A documentación que se envía desde Alfoz inclúe o informe técnico municipal e o documento presentado pola “Plataforma de afectados pola macrocentral hidroeléctrica do Xistral”.
Toda esta información foi recibida polo Ministerio de Transición Ecolóxica e incorporada ao expediente correspondente.
Desde o Concello insisten en que “Lembramos que o prazo final para a entrega de documentación é o día 9 deste mes de marzo, cousa que a Plataforma sabe perfectamente, pois é o prazo que barallan para enviar as alegacións que están a recoller”.
Engaden tamén que “o Concello non vai entrar en polémicas innecesarias e crear crispación na poboación, pero tampouco vai permitir que se fagan acusacións graves e infundadas ao respecto“.
Atentamente,