InicioCentralAlfozCursos intensivos en Alfoz para ampliar o coñecementos sobre usos do móbil

Cursos intensivos en Alfoz para ampliar o coñecementos sobre usos do móbil

O obxectivo principal é acurtar a chamada 'fenda dixital', que implica que unha parte da poboación -maioritariamente nova- manexa con soltura ferramentas tecnolóxicas e aproveita o seu potencial, mentres outra parte -os maiores- pérdense eses beneficios por carecer dos coñecementos necesarios.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas 12 cursos intensivos, gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil. Comenzarase con cursos de nivel básico no mes de abril e logo, no mes de maio, impartiranse os de nivel avanzado. Van dirixidos a toda a poboación pero, especialmente aos máis maiores, incluido o alumnado do Programa de Envellecemento Activo Municipal “Activamente”.

Tamén se realizará un curso específico para Asociacións e Clubs de Alfoz, para axudarlles no manexo do certificado electrónico, sedes electrónicas das distintas Administracións Públicas, solicitudes de subvencións, etc.

O obxectivo principal é acurtar a chamada ‘fenda dixital’, que implica que unha parte da poboación -maioritariamente nova- manexa con soltura ferramentas tecnolóxicas e aproveita o seu potencial, mentres outra parte -os maiores- pérdense eses beneficios por carecer dos coñecementos necesarios.

Neste sentido, os cursos de uso do smartphone mostrarán as principais aplicacións de transportes, saúde, almacenamento de arquivos na nube, seguridade, entretemento ou información. Tamén se centrarán nas apps bancarias e nas aplicacións de mensaxería instantánea, como WhatsApp.

Trátase de introducilos nos beneficios que poden aproveitar independentemente da súa idade. En paralelo, evítase o seu illamento, refórzase a súa autoestima e sentimento de pertenza ao grupo, e facilítanse as súas xestións e a súa día a día grazas ás opcións que permiten estes dispositivos.

Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en 2 sesións de 1 hora e media, o luns e o mércores na Casa da Cultura. Hai 2 horarios para elixir, o primeiro de 17:00h a 18:30h e o segundo de 18:45h a 20:15h.

As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...