O Concello de Alfoz informará e tramitará de maneira gratuíta as bolsas de estudos para o vindeiro curso

É necesario pedir cita previa no teléfono 982 558 001 (ext.2). No mesmo teléfono atenderase tamén calquera dúbida ao respecto.

Consistorio de Alfoz. AXM

Os e as estudantes de Alfoz poderán informarse e tramitar de xeito gratuíto, as súas bolsas de estudos desde o 31 de marzo ata o 11 de maio no Concello.

É necesario pedir cita previa no teléfono 982 558 001 (ext.2). No mesmo teléfono atenderase tamén calquera dúbida ao respecto.

O Concello de Alfoz, ofrece este servizo ao alumnado do concello desde hai 3 cursos, xunto ás tramitacións de tarxetas de bus ou as propias becas de transporte municipais para os estudantes. Consideramos que é fundamental axudar e informar ás familias, sobre todo nos casos en que pasan de Educación Secundaria a estudos de BAC e FP e universidade e facilitar o máximo posible todos os trámites para facilitar o acceso á educación postobrigatoria.

Este ano, o Ministerio de Educación, adianta as datas do proceso que habitualmente se realizaba nos meses de setembro e outubro.

O alumnado que non teña solicitado beca antes do 12 de maio non poderá acceder a estas axudas para o curso 22-23.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here