InicioCentralAlfozCharla informativa en Alfoz para dar a coñecer as liñas de axuda...

Charla informativa en Alfoz para dar a coñecer as liñas de axuda para a mellora enerxética de vivendas

O Concello de Alfoz considera fundamental dar a coñecer as posibilidades de financiamento para poder mellorar as vivendas.

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá este venres, 20 de maio, ás 19:00h, unha charla informativa aberta ao público en xeral para dar a coñecer as numerosas liñas de axuda para a mellora enerxética de vivendas: cerramentos, envolventes, cubertas, sistemas de calefacción e auga quente, etc. así como para rehabilitación de vivendas.

Será impartida por técnicos que explicarán as distintas posibilidades, así como os requisitos, importes, procesos de solicitude e bonificacións fiscais.

O Concello de Alfoz considera fundamental dar a coñecer as posibilidades de financiamento para poder mellorar as vivendas, así como os beneficios que suporá facer estes investimentos tanto no aforro enerxético e económico coma no confort para os seus moradores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...