O Club de Lectura de Alfoz reuniu o pasado venres día 3 na súa biblioteca á escritora de Burela, Antía Yáñez e a Psiquiatra Iria Veiga. No acto fíxose lectura do libro “Non penses nun elefante rosa”, unha novela sobre a situación de Aurora, a súa protagonista, que padece TOC.
“Un libro imprescindible para dar a coñecer unha realidade que sofren moitas máis persoas do que podemos pensar” din desde o Clube de Lectura. O libro foi a “excusa” para poder coñecer á autora e a súa obra. Tamén se analizou coa doutora Iria Veiga a realidade do problema, máis visible desde a pandemia sen dúbida e “no que esta sociedade precisa implicarse e avanzar”.
FIN DE CURSO
Coa fin de curso rematarán as actividades do Club de Lectura, pero antes haberá unha reunión o xoves 16 para comentar o libro de Antía Yáñez. O seguinte xoves 23 realizarase sesión de cine e o xoves 30 no Parque Alcalde José Palmeiro de Alfoz, ás 18:00h faremos unha lectura conxunta da obra “Algúns contos completos” como homenxe a Domingo Villar.
DÍA DO MEDIOAMBIENTE
O entorno do Castelo de Castrodouro, emblema do Concello de Alfoz apagará todas a súa iluminación o domingo 5 de xuño. No día do medio ambiente, Alfoz súmase ao xesto simbólico na loita contra o cambio climático, así como frear a perda de biodiversidade e reducir as emisións de C02 para o ano 2030.
O Concello de Alfoz, a través do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía, do que forma parte desde hai 2 anos, ten entre os seus obxectivos o coidado do medio ambiente e a redución de emisións de CO2. Alfoz é conta co galardón Bandeira Verde de Galicia como recoñecemento a súa labor a prol do medio, mérito sen dúbida da colaboración e implicación da veciñanza.