InicioCentralAlfozO Mercado Medieval de Alfoz regresa ao Castelo de Castrodouro os días...

O Mercado Medieval de Alfoz regresa ao Castelo de Castrodouro os días 15 e 16 de xullo

O XXII Mercado Medieval está organizado polo Concello de Alfoz en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo que subvenciona a través do Plan Único na área de Turismo gran parte do Mercado.

Publicada o

- Advertisement -

Alfoz retoma o Mercado Medieval logo do parón forzoso provocado pola COVID-19. Esta será a XXII Edición do Mercado e comezará o venres 15 de xullo ás 20:00 horas co Pregón a cargo de Pedro Reimunde Figueira, xunto a representantes da Deputación Provincial de Lugo e Concello de Alfoz.

Pedro Reimunde Figueira (Alfoz, 1981), é neurocirurxián en Lugo e médico cooperante, tamén profesor asociado de Patoloxía Cirúrxica na Universidade da Coruña (UDC), fisioterapeuta, licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, traballou en países como Guatemala, Etiopía e Camerún. Un gran profesional, embaixador de Alfoz alá onde vaia.

Durante o serán do venres 15 e todo o sábado 16 de xullo, poderase gozar de espectáculos de bufóns, música en vivo, circo, romanceiros, garda medieval, entrega de medallas, acrobacias e espectáculos de lume, exposicións de armas de asedio e cirurxía antiga nas salas do castelo, taller de carpintería e taller de destilería, zona infantil con xogos e paseos a cabalo, gastronomía, postos de artesanía e diversos produtos, da man de grandes artistas na contorna privilexiada do Castelo de Castrodouro. Un programa pensado para todos os gustos e idades para pasar unhas xornadas inesquecibles.

O sábado 16 de xullo, ás 23:00 h poñeremos o broche final a esta edición co concerto do grupo folk Himnodium e coa “ Queima da Fachada” espectáculo onde se combinan de forma maxistral as técnicas de manipulación do lume e a maxia da pirotecnia fría para o deleite dos asistentes: danza, malabarismos, manipulación pirófaga, que culminarán no momento máxico da queima da fachada do Castelo de Castrodouro.

O XXII Mercado Medieval está organizado polo Concello de Alfoz en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo que subvenciona a través do Plan Único na área de Turismo gran parte do Mercado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...