Os e as participantes no programa Ludiverán – Xogando en igualdade do Concello de Alfoz participaron nun obradoiro para a sensibilización medioambiental durante a mañá deste luns.
Aínda que se fixeron actividades específicas segundo os grupos de idade os contidos dos obradoiros trataron sobre o lixo mariño, así como sobre as causas e consecuencias do problema dos residuos nos océanos, prestando especial atención aos plásticos e microplásticos e a como repercuten nos ecosistemas mariños e tamén na nosa saúde.
Finalmente, reflexionaron sobre a forma na que entre todos e todas podemos reducir os residuos que xeramos, de cara a ter un futuro máis sostible, comprendendo como con pequenos xestos diarios podemos axudar a evitar que o lixo chegue ás nosas praias.
Desta forma sería posible mitigar un gravísimo problema mediaombiental, o que permitiría gozar dun entorno natural moito máis saudable non só ás persoas senón tamén ás especies mariñas.