Durante a mañá de hoxe as nenas e os nenos participantes no programa Ludiverán – Xogando en igualdade do Concello de Alfoz participaron no obradoiro Fai clic ao teu bocata.
Trátase dunha actividade realizada en colaboración coa Consellería do Mar a través da cal se pretende fomentar o consumo de produtos do mar en conserva. Durante o obradoiro afondaron no coñecemento dalgunhas especies mariñas e aprenderon a importancia de introducir o consumo destes produtos na súa alimentación.
Para finalizar a xornada tiveron a oportunidade de preparar os seus propios bocatas saudables a base de produtos do mar en conserva e produtos vexetais e, o máis importante: degustar os apetitosos bocadillos en compañía dos/as compañeiros/as de aventuras no campamento.