InicioCentralAlfozFinaliza o Camp Night para adolescentes deseñado polo Concello de Alfoz

Finaliza o Camp Night para adolescentes deseñado polo Concello de Alfoz

O éxito da proposta deu lugar a que das 20 prazas previstas se aumentou a 25, ningún rapaz nin rapaza que quixo ir quedou fóra, todo o mundo que chamou para inscribirse entrou na actividade.

Publicada o

- Advertisement -

O martes 19 de xullo deu comenzo este campamento dirixido a adolescentes cunha duración de 3 días nos que puideron disfrutar dun amplo abano de actividades: kaiaks no Río Ouro, Busca do tesouro no Castelo de Castrodouro, festa da espuma, tiro con arco, piscina, inchables, multideporte e “contos de medo” e xogos nocturnos. Rematou o mércores 21.

O éxito da proposta deu lugar a que das 20 prazas previstas se aumentou a 25, ningún rapaz nin rapaza que quixo ir quedou fóra, todo o mundo que chamou para inscribirse entrou na actividade. Ao ser o primeiro ano e non saber moi ben o grao de aceptación dos mozos e mozas, propúxose unha franxa de idade ata 18 anos, sen embargo os interesados son os menores de 15 polo que na vindeira edición do Camp Night a intención é baixar a idade dos participantes.

Para moitos e moitas deles era a súa primeira experiencia de campamento no que ían dormir fóra da casa e así chegaron ilusionados o martes non só os de Alfoz, senón moitos do Valadouro, Foz, Burela e Ribadeo, habendo quen aproveitou tamén a súa estancia de vacacións na Mariña para vir desde Granada ou Asturias. As expectativas do grupo eran altas, sen dúbida, e o mércores ás 19:00h cando remataron deixaron claro que “para o ano volvemos”. Unha oportunidade única de divertirse, aprender e sobre todo convivir e facer novos amigos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...