InicioCentralAlfozAlfoz retoma o Mes da Música en setembro coa actuación de Sons...

Alfoz retoma o Mes da Música en setembro coa actuación de Sons de Celeiro

Fados, boleros, habaneras, cancións de toda a vida e outras compostas por Daniel Fernández Caxete, formarán o repertorio desta magnífica agrupación musical da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

Dentro da programación cultural do Concello de Alfoz, o mes de setembro é o Mes da Música.

O vindeiro sábado, 17 de setembro, poderase ver a agrupación musical Sons de Celeiro ás 20:30h no Pavillón Municipal.

Unha vintena de voces mixtas, acompañadas de guitarra, teclados e armónica, dirixidas por Daniel Fernández Caxete e Antón Docampo.

Fados, boleros, habaneras, cancións de toda a vida e outras compostas por Daniel Fernández Caxete, formarán o repertorio desta magnífica agrupación musical da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...