InicioCentralAlfozAlfoz quere activar aos seus maiores a través de actividades como ioga...

Alfoz quere activar aos seus maiores a través de actividades como ioga ou aeróbic

Deben entregarse as solicitudes na Oficina de Rexistro do Concello do 19 ao 26 de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz abrirá o luns 19 de setembro a inscrición para as modalidades deportivas de ioga, 2 grupos, aeróbic e ximnasia de mantemento. Prazas limitadas, por orde de entrada.

As solicitudes están dispoñibles na Casa do Concello e na web municipal, sección noticias onde se pode descargar a inscrición.

Deben entregarse as solicitudes na Oficina de Rexistro do Concello do 19 ao 26 de setembro. Comenzan en outubro e rematan a finais de maio.

Os horarios e lugares de realización das actividades son:

Ximnasia de mantemento: luns e mércores de 18:30h a 19:30h no Pavillón Municipal.

Aeróbic: luns e mércores de 19:30h a 20:30h no Pavillón Municipal.

Ioga: de 17:00h a 18:00h na Escola de Nenos de Adelán, o grupo A martes e xoves e o grupo B luns.

Estas actividades están subvencionadas parcialmente dentro do Plan Único da Deputación de Lugo, co obxectivo de promocionar o deporte e hábitos saudables para a poboación de Alfoz.

Máis información no tfno. 982 558 001 (ext.2).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...