Alfoz organiza un curso de iniciación á micoloxía para a primeira semana do mes de outubro

Impartir unha formación seria, completa e de calidade sobre cogomelos, inculcando na cidadanía valores de coñecemento e respecto á natureza.


A actividade anunciada polo Concello de Alfoz será gratuíta con desprazamento incluído en bus desde a Casa do Concello ata a Escola do Chao (O Pereiro). Alí impartirase a parte teórica e Pena Abaladoira para a parte práctica.

Organizado pola RRBB Terras do Miño-Deputación de Lugo e Concello de Alfoz, o curso será impartido por José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus. As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse ata o 4 de outubro no Concello ou no Tfno. 982558001 (ext.3).

PROGRAMA

Parte teórica (presentación audiovisual. Duración aproximada: 1 h. 30 min.) Xeneralidades dos fungos: natureza., reprodución, nutrición, clasificación, cultivo, identificación de cogomelos, falsas regras de comestibilidade, características de identificación dos cogomelos máis salientables do noso entorno e as súas confusións.

Parte práctica (saída ao campo Duración: 2 h. 30 min.) Interpretación no campo dos conceptos explicados na parte teórica, observación da ecoloxía e as características de identificación dos cogomelos no seu propio hábitat. Explicación e aplicación de técnicas axeitadas e sostibles de recolleita.

OBXECTIVOS 

Impartir unha formación seria, completa e de calidade sobre cogomelos, inculcando na cidadanía valores de coñecemento e respecto á natureza e de cumprimento da normativa vixente sobre aproveitamentos micolóxicos. Outro dos obxectivos esenciais desta actividade é a difusión dos valores medioambientais da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

OBSERVACIÓNS

Nesta actividade cumprirase escrupulosamente e explicarase a normativa vixente sobre aproveitamentos de cogomelos, en concreto a disposta no decreto 73/2020 do 24 de abril, sobre aproveitamentos forestais .

DATOS DA ACTIVIDADE:

Relator: Jose Castro

Lugar previsto de celebración: Escola do Chao-O Pereiro-Concello de Alfoz Titularidade do local de impartición: pública

Data prevista de celebración: Sábado 8/10/2022

Duración efectiva da actividade: 4 horas

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here