InicioCentralAlfozAlfoz acolle este sábado unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiro...

Alfoz acolle este sábado unha xornada formativa sobre a plantación de castiñeiro e a súa explotación

O modelo de inscrición está dispoñible na web municipal www.concellodealfoz.com, sección noticias.

Publicada o

- Advertisement -

O Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz será o lugar onde se imparta polo Centro Agroforestal do Concello de Riós e en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia Galega da calidade alimentaria, unha xornada formativa o venres 14 de outubro, de 10:00h a 14:00h 

Actividade gratuíta, dirixida a persoas en activo interesadas na xestión forestal. Inscrición previa. O modelo de inscrición está dispoñible na web municipal www.concellodealfoz.com, sección noticias, e tamén nas Oficinas de Rexistro do Concello de Alfoz. Unha vez cuberta debe enviarse por correo electrónico a: centroagroforestal@concelloderios.gal

Trataranse entre outros temas: a época de plantación, preparación do terreo, elección da planta, beneficios que pode xerar a plantación, liñas de axuda, etc.

Máis información no teléfono 982 558 001 (ext. 2).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...