InicioCentralAlfozAlfoz aposta forte pola súa biblioteca municipal levando adiante reformas para mellorar...

Alfoz aposta forte pola súa biblioteca municipal levando adiante reformas para mellorar as instalacións

Neste ano, destaca a creación dunha zona infantil, que complementa a existente, cun espazo para os máis pequenos con monicreques e un teatro de guiñol ademais da zona de lectura "no chan" con coxíns e pufs para ler e xogar.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz realizou unha reforma integral do espazo da Biblioteca Municipal renovando a totalidade dos andeis metálicos por librerías de maior capacidade e de cor branca.

Tamén se reorganizou a iluminación que foi substituída por leds. Incorporáronse novas seccións coma o Recuncho Violeta, con lecturas e xogos de igualdade non só para disfrutar na biblioteca, posto que se utilizan tamén nos programas de conciliación municipal no CEIP Castro de Ouro.

Dotouse á biblioteca de equipamento: proxector, altavoces, pantalla, libros electrónicos, tablets e ordenadores portátiles que se suman aos 2 de sobremesa existentes. Isto permitiú tamén levar a cabo distintas actividades formativas coma os cursos para aprender a usar os móbiles ou outros coma o de libros electrónicos. Conta ademais con conexión a internet de fibra, garantindo a calidade e velocidade no uso da rede.

Neste ano, destaca a creación dunha zona infantil, que complementa a existente, cun espazo para os máis pequenos con monicreques e un teatro de guiñol ademais da zona de lectura “no chan” con coxíns e pufs para ler e xogar.

Tamén se adquiriron gran número de revistas, cos correspondentes mobles revisteiros, que era un eido que non tíñamos cuberto e que está tendo moi boa acollida. Colocouse un buzón exterior para poder devolver os libros fóra do horario de apertura da biblioteca que é de luns a venres de 15:00h a 20:00h.

O fondo bibliográfico increméntase continuamente con obras de todos os xéneros a través de axudas doutras administracións e fondos propios, por exemplo, recentemente adquiríronse os libros recomendados nas Axendas Coeducativas que a Área de Igualdade fai para todos os estudantes, así como as lecturas obrigatorias dos distintos IES da Mariña onde estudan os rapaces e rapazas de Alfoz.

A biblioteca  está nunha reforma continua con programas coma a Bibliopiscina que durante xullo e agosto permite disfrutar da lectura na Piscina Municipal. As Mochilas Viaxeiras que fomentan a lectura entre os maiores do Programa de Envellecemento Activo “Activamente”. O club de lectura que conta actualmente con 17 integrantes e que é unha das actividades máis dinámicas da biblioteca. Visitas de autores e presentacións de libros. Numerosos obradoiros dirixidos aos máis pequenos ao longo de todo o ano. Un blogue propio ao que se pode acceder desde a páxina web do concello. Concursos coma o de Postais de Nadal ou de debuxo e narrativa das Letras Galegas.

Todo isto se logrou con distintas axudas da Xunta de Galicia, do Plan Único da Deputación Provincial e con fondos propios do Concello, a nivel económico e, sobre todo, con traballo para día a día mellorar non só o entorno físico da biblioteca senón facer dela un espazo cultural de referencia no Concello de Alfoz.

ÚLTIMAS

Dous cabalos invaden a A-8 en Lourenzá

Ás 9.05 horas deste sábado á altura do quilómetro 536 da A-8, no municipio...

Melloras no edificio dos armadores do porto de San Cibrao para facilitar as súas condicións de traballo

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, remarcou o futuro acondicionamento do edificio dos locais dos armadores no...

ACISA Ribadeo suma case 30 novos asociados en 2023

Acisa Ribadeo suma case 30 novos negocios asociados neste ano 2023, cifra record de...

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...