InicioCentralAlfozAlfoz acolle un curso de autodefensa para mulleres na Aula Omix da...

Alfoz acolle un curso de autodefensa para mulleres na Aula Omix da Casa da Cultura

Este curso está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por monitores especializados.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Alfoz programou para o sábado 3 de decembro na Aula Omix da Casa da Cultura un curso de autodefensa para mulleres. Será en horario de 10:00h a 14:00h pola mañá e de 16:00h a 20:00h pola tarde.

Dirixido a mulleres a partir de 16 anos, no caso de menores de idade deberán contar coa autorización asinada pola nai, pai ou titor ou titora legal. Actividade gratuíta.

As persoas interesadas deberán chamar ao tfno. 982 558 001 (ext. 2) desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro para anotarse ou se queren máis información. Este curso está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por monitores especializados.

É a segunda edición celebrada en Alfoz tras a experiencia do ano pasado cando se contou cun importante número de participantes de toda a Mariña. Dado o éxito deste curso o Concelo volveu solicitalo este ano por considerar fundamental dotar ás rapazas e ás mulleres de ferramentas para poder previr e afrontar situacións difíciles que desgraciadamente suceden.

Este curso non só se aprenden técnicas sinxelas pero efectivas de autodefensa, tamén é un espazo de posta en común no que se aprende unhas doutras. O instructor do curso, Manuel Herbón, é especialista da Federación Galega de Loita pertencente ás Forzas de Seguridade do Estado co que volveremos a contar nesta ocasión.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...