A Área de Cultura de Alfoz, dirixida por Marisa Goás, presenta a programación para o mes de novembro dedicada ao teatro. Todos os sábados de novembro, ás 20:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Para todos os públicos. A entrada é libre e gratuíta.
sábado 5 de novembro: o grupo de teatro Ítaca presenta a obra “Anacos” dentro do Ciclo de Teatro Profesional da Área de Cultura da Deputación Provincial.
sábado 12 de novembro: Lume Escénico da Pontenova presenta a comedia “Albergue Casa Amarelo. O misterio da Vía Rexia” incluído no Ciclo de Teatro Afecionado da Área de Cultura da Deputación Provincial.
sábado 19 de novembro: Trípode e amigos presenta a comedia “O muro”.
sábado 26 de novembro: Colectivo Cultural Ollomao representará “O documento” dentro do Ciclo de Teatro Afecionado da Área de Cultura da Deputación Provincial.