InicioCentralAlfozAlfoz presenta a súa programación pre-Nadal para toda a veciñanza

Alfoz presenta a súa programación pre-Nadal para toda a veciñanza

A Área de Cultura municipal segue apostando pola música e o teatro neste mes de decembro e agradecendo a boa acollida por parte do público, non só de Alfoz senón de toda a Mariña que se achega a participar na oferta cultural do concello.

Publicada o

- Advertisement -
O Concello de Alfoz presenta a programación cultural antes do Nadal con actividades que van desde a música até o Nadal na Biblioteca.
10 de decembro ás 19:30h no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Concerto da Asociación de Acordeonistas da Mariña. Unha ocasión única para poder desfrutar da música a través da interpretación de 15 acordeonistas da nosa bisbarra. A entrada é de balde, ata completar aforo e está dirixida a todos os públicos.
A Área de Cultura municipal segue apostando pola música e o teatro neste mes de decembro e agradecendo a boa acollida por parte do público, non só de Alfoz senón de toda a Mariña que se achega a participar na oferta cultural do concello.
 
16 de decembro ás 20:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Última das reunións coas parroquias de Mor, O Castro e Reirado e coas asociacións e clubs do municipio para os Orzamentos Participativos de Alfoz de 2023. Con esta xuntaza remátase a rolda de xuntanzas iniciadas en outubro coa veciñanza de todas as parroquias co obxectivo principal de escoitar as súas ideas, suxerencias e demandas para mellorar o concello e incorporalas, na medida do posible, nos orzamentos do ano que ven. Ata o de agora hai que destacar unha ampla participación e, polo tanto, aportacións de distinta índole para realizar nun futuro próximo.
 
17 de decembro ás 19:00h no Salón de Actos da Casa da Cultura.
Monicreques KuKas presenta “Xan Perillán e a maleta máxica”.
Ao remate da representación entregaranse os premios do XX Concurso de Postais de Nadal que se organiza desde a Biblioteca Municipal. Espectáculo dirixido a público familiar e nenos e nenas a partir de 3 anos que combina clown e pantomima con maxia e manipulación de monicreques. Interpretado por Marcelino de Santiago (Kukas) e dirixido por Isabel Rei.

Xan Perillán é un home con sorte, tocoulle nunha rifa unha viaxe a Pernambuco… Pero onde queda Pernambuco? No hemisferio norte ou no sur?… cun pouco de maxia e a axuda dos nenos seguro que o descubrirá.

Xunta todas as súas cousas e vainas metendo nunha maleta, pero non é unha maleta calquera pois todo o que nela entra convértese nun truco de maxia.
E por riba o seu loro Ravachol aparece e desaparece por arte de birlibirloque…
Nadal na Bilbioteca. 
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos, as tardes de 17:00h a 19:00h dos días:
28-29-30 de decembro e 2-3-4 de xaneiro
Haberá distintas actividades: manualidades, xogos, música e coreografías, etc. para pasar as vacacións de Nadal na Biblioteca.
Máis información no tfno. do Concello 982 558 001 (ext. 2 Arantxa).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...