InicioCentralBurelaVisita do alcalde de Burela ao taller de cerámica da Fundación Eu...

Visita do alcalde de Burela ao taller de cerámica da Fundación Eu Son para coñecer de cerca o traballo realizado nas súasinstalacións

A vistita realizouna coas concelleiras de Servizos Sociais e Igualdade, Carmela López e Noelia Mª Ben.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Alfredo Llano, e as concelleiras de Servizos Sociais e Igualdade, Carmela López e Noelia Mª Ben, que visitaron as instalacións do taller de cerámica da Fundación Eu Son, destacaron o traballo realizado e sinalaron que as compras de Nadal son unha boa ocasión para apoiar a este colectivo que agora conta con tenda online.

O taller de cerámica da Fundación Eu Son xa ten a súa tenda online. Carmela López lembrou que “Cerámica Eu Son é o taller do centro ocupacional desta Fundación, na que se elaboran produtos de forma totalmente artesanal e con moito cariño. As súas creacións son o resultado do moito esforzo, da dedicación e da constancia coa que traballan estas persoas. Este taller favorece a súa mobilidade e fomenta a creatividade e a imaxinación, promovendo deste xeito a súa inclusión”.

David, Miguel Ángel, Pablo, Lúa, Miriam, Elena, Lucía, Cristina, Diego, Alexander y Dani son os artistas que conforman o taller de Cerámica Eu Son, dirixidos por Juan Eijo Quelle, que os guía e os acompaña en todo o proceso de creación.

Entre os produtos que se poden atopar en Cerámica Eu Son hai colgantes, chaveiros, queimadores de esencias ou pezas para decorar calquera recuncho da casa. Tamén elaboran detalles para vodas e outros eventos, de forma personalizada. Todos os seus produtos contan co selo de Artesanía de Galicia, e poden atoparse no seu punto de venta físico no centro ocupacional da Fundación Eu Son en Burela ou agora a través da súa web: www.ceramicaeuson.es

A concelleira de Servizos Sociais dixo que “agora que chegan estas datas é un bo momento para a solidariedade e para amosarlle o noso apoio a este proxecto da Fundación Eu Son. Mercando a súa cerámica estaremos axudándolles a seguir creando, medrando e innovando. Desde o Concello de Burela quixemos estar ao seu carón e amosarlles o noso apoio, sobre todo despois da recente creación da súa tenda online”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...