InicioCentralBurelaO 'Modelo Burela' recolle froitos, dous estudantes do IES Perdouro levan o...

O ‘Modelo Burela’ recolle froitos, dous estudantes do IES Perdouro levan o Premio Extraordinario ao Esforzo no Ensino Secundario

Desde o IES Perdouro sinalan que ademais do enorme mérito dos estudantes con premio e de todos os compañeiros que conseguiron alcanzar a titulación de ESO, neste caso concreto o éxito débese á interacción de varios axentes internos e externos á escola.

Publicada o

- Advertisement -

O xornalista Marco Pereira, a fotógrafa Lucía Rivas e os estudantes universitarios Edilson S. Tavares e Érica Gomes Mendes teñen novos compañeiros que se valen do esforzo e a superación para encarar con éxito a formación académica, neste caso co apoio da iniciativa educativa de atención á diversidade Modelo Burela.

Na convocatoria correspondente ao curso 2021-2022 acaban de conseguir estes premios outorgados pola Consellería de Educación dous estudantes que integraban unha lista de sete aspirantes do mesmo centro educativo, que sitúa outro aspirante no posto 21º (o primeiro que xa non está recompensado cos 1.000 euros de dotación).

Para alén do enorme mérito dos estudantes con premio e de todos os compañeiros que conseguiron alcanzar a titulación de ESO, neste caso concreto o éxito débese á interacción de varios axentes internos e externos á escola.

Dentro do propio centro educativo, teñen un papel destacado a profesora María José Andión Fontenla, por ter sido a primeira Xefa de Estudos que fixo un enorme esforzo para a reorientación dos recursos humanos disponíbeis na dirección dunha atención á diversidade realmente inclusiva; e a profesora María José Pardiñas, que foi capaz de manter esa atención primeiro na Xefatura de Estudos e despois na Dirección do centro educativo.

Fóra do ámbito escolar, teñen especial protagonismo neste éxito os servizos sociais municipais (coordinados por Conchi Pernas Díaz) e do centro de saúde (coordinados por Minda Lusquiños), polo seu apoio constante ás familias dos mozos e mozas en risco de exclusión e pola decisiva colaboración á hora de preparar os informes individualizados de cada unha das candidaturas ao premio.

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

No momento presente, case todos os centros educativos reciben alumnado que presenta problemas para o avance curricular por tres grandes razóns: as limitacións socioculturais (a falta de medios no ámbito familiar), a escolarización desaxustada (absentismo ou desfase curricular) e as condicións de saúde ou funcionais.

Para facer esta atención á diversidade, o Modelo Burela propón unha unha alternativa marcada por catro características básicas:

1) unha singular organización horaria que combina a atención ao alumnado dentro e fóra dos grupos de referencia;

2) unha metodoloxía didáctica con grande peso da avaliación inicial, que sempre parte do nivel que presentan os alumnos e alumnas, sen perder o currículo oficial como referencia a alcanzar nun período de entre dous e catro cursos;

3) o apoio constante con material escolar e na interlocución cos servizos sociais;

4) a superación das barreiras artificiais en materia lingüística interpostas polo sistema educativo.

Aínda que non sempre resulte posíbel ofrecer todas estas facilidades ao alumnado, mesmo unha aplicación parcial do sistema contribúe decisivamente para que os estudantes teñan posibilidades de alcanzar o éxito académico.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...