InicioCentralBurelaBurela acolle a nova obra de Touriñán este sábado día 7...

Burela acolle a nova obra de Touriñán este sábado día 7 “Recortes, caneos e outras formas de driblar”

O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que “é un luxo que todos os espectáculos de Touriñán desde hai 7 anos estean a pasar por Burela”.

Publicada o

- Advertisement -

O coñecido actor galego Xosé Antonio Touriñán chega este sábado, 7 de xaneiro, a Burela con “Recortes, caneos e outras formas de driblar”. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura.

Trátase dunha montaxe teatral que recrea un de tantos partidos de fútbol do século a través do comportamento de xogadores, adestradores, xornalistas, directivos, árbitros, seareiros e demais personaxes principais, secundarios ou figurantes que conforman o mundo futbolístico. Logo do éxito de “Fariña, o espectáculo teatral” Nacho Carretero Pou volve unir forzas con Tito Asorey, José L. Prieto e Xosé Antonio Touriñán neste espectáculo sobre o mundo do fútbol e todo o que o rodea. Interpretado por Xosé Antonio Touriñán, Manuel Cortés, Isabel Garrido, Christian Escuredo, Xoán Fórneas e Sergio Zearreta “Recortes, caneos e outras formas de driblar” é unha viaxe emocionante ao interior das paixóns futbolísticas a través do humor e a música.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que “é un luxo que todos os espectáculos de Touriñán desde hai 7 anos estean a pasar por Burela”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...