InicioCentralBurelaAprobado pola Xunta o informe ambiental para a nova canceira de Burela

Aprobado pola Xunta o informe ambiental para a nova canceira de Burela

Segundo o informe "non existe no ámbito nin na súa contorna próxima espazos ou elementos con destacable valor natural ou patrimonial".

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta deu luz verde ao informe ambiental estratéxico para a construción dunha canceira municipal nunha parcela situada en chan rústico en Burela, xa que conclúe que “non se prevén efectos ambientais significativos”.

Segundo recóllese na resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, non existe alternativa a esta parcela rústica de titularidade municipal, de 7.190 metros cadrados, situada á beira da estrada N-642, pegada a chan urbano de Burela.

No Plan Xeral de Ordenación Urbanística (PXOM) está clasificada como rústico de especial protección de infraestruturas e en parte tamén de protección de augas, e cualificado como dotacional.

Así, conclúese que o proxecto afecta a un ámbito territorial de “reducida extensión”, “xa en boa medida transformado”. Ademais, “non existe no ámbito nin na súa contorna próxima espazos ou elementos con destacable valor natural ou patrimonial”.

Na contorna hai depósitos de auga que forman parte do abastecemento municipal, unha nave municipal de obras, un depósito de almacenamento de gas en desuso e unha zona de amontoamento de materiais, entre outros, segundo recolle o expediente.

Con todo, o plan deberá prever as medidas que aseguren a mellor integración paisaxística posible, o que inclúe a plantación de árbores no perímetro da zona dotacional que actuarán de pantalla visual e acústica fronte ao ruído, “reducindo os posibles impactos sobre áreas residenciais próximas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...